"A saúde é riqueza. A paz mental é felicidade. O ioga é o camiño" Swami Vishnu-Devananda
SURYA NAMASKARA
Surya Namaskara é casi unha sadhana completa en sí mesma o conter elementos de asana,pranaiama e meditación dentro da estructura principal da práctica.
As técnicas do ioga son un antídoto ideal contra o estrés.É unha base para unha terapia de enfermedades físicas é mentais.Surya Namaskara forma parte integral do enfoque do ioga frente a esa problemática.Pódese integrar facilmente na vida cotiá xa que soamente precisas de 5 a 15 minutos de práctica diaria para obter resultados benéficos con sorprendente rapidez.
Surya Namaskara é unha práctica que nos chega dende os tempos dos sabios védicos.Surya significa sol e namaskara significa saúdo.
Nos tempos remotos rendíase tributo o sol nun ritual diario por considerálo un símbolo poderoso da conciencia espiritual.O culto o sol exterior e o sol interior era un ritual socio-religioso encamiñado a aplacar as forzas da natureza que o home e incapaz de controlar.
Surya Namaskara consta de tres elementos:forma,enerxía e ritmo.
As doce posturas crean a matriz física o redor da cal se texe a forma da práctica.Estas posturas xeneran prana ou enerxía sutil,a cal activa o corpo psíquico.
Estes asanas nas cales se alternan as flexións cara adiante e cara atrás estiran a columna vertebral e ás extremidades no seu rango máximo,proporciona unha masaxe a tódolos músculos é órganos vitais.O estiramento do corpo e tan profundo que son poucas as outras formas de exercicio que se poidan comparar con esta serie.
"Swami Satyananda"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




