O arte do kundalini ioga foi desenvolvido hai mais de 5000 anos por sabios da India
e do Tibet os cales probaron e perfeccionaron de forma sistemática os movementos, posturas, sons e respiracións precisos que activan distintas partes do corpo e do cerebro, para así producir resultados específicos.
Cando a enerxia flue libremente prodúcese a verdadeira transformación da persoa,e a proba é que mellora a sua actitude ante a vida e as súas relacións cos demais.
Kundalini ioga nunca se ensinaba de maneira pública ata que Iogui Bhajan trouxo as eninanzas a Occidente,rompendo así a tradición do segredo.
Él di:
"Estou no deserto,teño algo de auga e vou a ofrecela libremente.Comparto estas ensinanzas para crear unha ciencia do ser absoluto,porque é un dereito inalienable de todo ser humán ser san,feliz e sacro."
Algunhas persoas sinten curiosidade e tamén certo temor ante o kundalini ioga porque se fai referencia á enerxía kundalini,e temen que a experiencia kundalini os leve a un trance ou a un despertar instantáneo,coma un relámpago.Pero máis alá de termos exóticos,trátase dun despertar gradual que eleva a conciencia e intégranos aínda máis coa realidade que vivimos.
A práctica constante axuda a:
-Equilibrar os rasgos da personalidade.
-Fortalecer o sistema nervioso.
-Desenvolver a creatividade.
-Desenvolver a flesivilidade para dar respostas máis armónicas ás situacións e retos da vida social,laboral e familiar.
A verdadeira clave da experiencia kundalini ioga é o desexo e a vontade de cambiar.Precisase valor para liberarse de patrons adquiridos e para conquistar o espazo que precisamos para que o cambio sexa permanente.
En cada clase trabállase un krilla (secuencia de exercicios que contribúien a crear un efecto específico) e unha meditación particular.Iogui Bhajan ensinou centos de meditacións e krillas:-Para os pulmóns,para a columna vertebral,para aclarar a intuición,para abrir o corazón,para as glándulas,para os chakras etc.




