Sat Nam Rasayan


SAT NAM RASAYAN O ARTE DA CURACION.

Sat Nam Rasayan é unha técnica milenaria de meditacón que a vez é o arte de curación do Kundalini Ioga,no cal o único instrumento de curación é a conciencia do curador.
Este aprende a manterse estable nun estado de neutralidade e silencio mental,cesando a súa indentificación cos contidos da mente.
Con SNR poderás aprender a relacionarte cos demais dun xeito natural, a ter encontros sin ser escravo de prexuízos,a sentirte presente en ti mesmo e no mundo que te rodea.
Tradicionalmente este arte ensínase para curar a outros.Axuda a liberar tendencias e limitacións do corpo,a mente e o espírito.Ditas tendencias son as causas máis comúns de enfermidade.Ao facelo,actívase a capacidade auto-curativa do organismo e a vida vívese dun xeito máis claro e equilibrado.

¿Quen pode acceder a practicalo?
Sat Nam Rasayan no é dogmático,non se asocia con ningún ritual ou crenza e non se achega a ningunha relixión en particular.Calquera persoa de calquera orixe e cultura pode practicalo.
É de gran axuda para terapeutas en xeral,é aos interesados en practicar curación coa mente meditativa.Sirve aos practicantes de ioga ou outras artes,e dará as claves precisas ás persoas interesadas en aprender a meditar.


¿Beneficios do SNR ao practicante?
-Curar aos demais nun espazo meditativo poderoso,utilizando tan só a conciencia é a intención.
-Vivenciar o que te rodea con presenza e claridade de mente.Isto aporta maior grado de atención e comprensión da propia vida.
-Desenvolver a capacidade de aceptación da realidade,aliviando así a ansiedade por controlala.
-Liberarte de actitudes e comportamentos que te danan.
-Experimentar os teus sentimentos,emocións e pensamentos con desapego.
-As relacións vólvense cercanas e compasivas,sen xuízos severos nin sensación de superioridade ou inferioridade.
-Desenvolve a capacidade de resposta creativa en momentos difíciles.
-Establecer o silencio na túa mente e deixarte guiar pola intuición.
-Concede en pouco tempo ao practicante un espazo de conciencia meditativa equiparable a moitos anos de prácticas meditativas.

¿Como se estrutura a ensinanza?
Existen dous niveles de formación básica:
Nivel I:
Desenvolvense as habilidades para conectar,expandir e manterse estable nese espazo de conciencia,entrénase a atención e a intención.Nete nivel xa se completan curacións.
Nivel II:
Ofrecense ferramentas para a curación profunda.Procura ao practicante múltiples oportunidades para o desenvolvemento profesional e persoal.
Para completar a ensinanza  de cada nivel,requirese a realización de 12 intensivos de 6 horas cada un(un sábado ou domingo o mes) Os calendarios son establecidos ao comenzo da formación.

¿Quenes son os formadores?
Guru Dev Singh Khalsa.


Naceu en México no 1948.Educouse dende xoven con indixenas da cultura Totonaca,aprendendo deles o arte de "mirar" o mundo.A súa vida mudou cando coñeceu ao seu mestre Iogui Bhajan,que o introduxo no mundo do Sat Nam Rasayan.Aprendeuno de maneira tardicional,en silencio e por inducción.
No 1988 Iogui Bhajan pediulle que o ensinara pública e explicitamente,a través dunha escola.
Guru Dev Singh sistematizou un procedemento universal capaz de desenvolverr en calquer persoa,nun tempo relativamente curto,capacidades de curación consideradas como un "don".
Todo elo grazas a unha paulatina comprensión do estudante e a súa propia labor de integración das ensinanzas.Os alumnos aprenden mediante o seu esforzo seguindo os pasos da ensinanza.

Ambrosio Espinosa.
http://www.avagar.com/  http://www.satnam-rasayan.es/

É o encargado de impartir a ensinanza en España dende o ano 1992.Ao longo de moitos anos aprendeu e traballou xunto a Guru Dev Singh para dar unha forma conceptual cada vez máis clara á técnica.Como resultado dese traballo de sistematización,saiu á luz o libro "Sat Nam Rasayan,El Arte de la Curacion",do cal é autor.


Durante estes anos dirixiu múltiples cursos en Madrid,Barcelona,Valencia e máis recentemente en Compostela.Toda esta experiencia,así como os seus coñecementos de Kundalini ioga e a sua formación como médico,traumatólogo e osteópata,otórganlle unha visión ampla e capacidade didáctica á hora de transmitir os sutiles coñecementos do San Nam Rasayan.
O equipo está integrado ademais por:
Mariano Borrego e Adelina Gamallo (Chiky)

En Compostela organizamos formacións anuais,si tes interes pide información en:
yogaensantiago1@gmail.com
Telf 650 377 718 de 13.30h a 17.00h

Neste mesmo contacto podes pedir o único libro autorizado de SNR como manual didáctico,"Sat Nam Rasayan el arte de la curación" por Guru Dev Singh con Ambrosio Espinosa.Prezo 15€ máis gastos de envío.