SURYA NAMASKARA



Surya Namaskara é unha técnica ben coñecida e vital dentro do repertorio do ioga. Pola súa versatilidade e aplicación é un dos métodos máis útiles para inducir unha vida sán vigorosa e activa, é para preparar o mesmo tempo o despertar espiritual é por conseguinte, a expansión da consciencia.
Surya Namaskara é casi unha sadhana completa en sí mesma o conter elementos de asana, pranaiama e meditación dentro da estructura principal da práctica.
As técnicas do ioga son un antídoto ideal contra o estrés. É unha base para unha terapia de enfermedades físicas é mentais. Surya Namaskara forma parte integral do enfoque do ioga frente a esa problemática. Pódese integrar facilmente na vida cotiá xa que soamente precisas de 5 a 15 minutos de práctica diaria para obter resultados benéficos con sorprendente rapidez.
Surya Namaskara é unha práctica que nos chega dende os tempos dos sabios védicos. Surya significa sol e namaskara significa saúdo.




Nos tempos remotos rendíase tributo o sol nun ritual diario por considerálo un símbolo poderoso da consciencia espiritual. O culto o sol exterior e o sol interior era un ritual socio-religioso encamiñado a aplacar as forzas da natureza que o home e incapaz de controlar.
Surya Namaskara consta de tres elementos:forma, enerxía e ritmo.




As doce posturas crean a matriz física o redor da cal se texe a forma da práctica. Estas posturas xeneran prana ou enerxía sutil, a cal activa o corpo psíquico.
Estes asanas nos cales se alternan as flexións cara adiante e cara atrás estiran a columna vertebral e ás extremidades no seu rango máximo, proporciona unha masaxe a tódolos músculos é órganos vitais. O estiramento do corpo e tan profundo que son poucas as outras formas de exercicio que se poidan comparar con esta serie.
                                                                                               "Swami Satyananda"



Surya Yantra