HATHA YOGA PRADIPIKA


E o máis antigo dos textos supervivintes sobre o Hatha Ioga, dícese que foi escrito por Swatmarama Iogui no século XV, aínda que deriva de fontes anteriores. Ten cinco séculos de antiguedade, pero os consellos que se dan neste manual sobre posturas, exercicios respiratorios e filosofía do ioga continúan sendo relevantes hoxe en día, xa sexas un principiante ou un practicante máis experimentado.
Seis extractos e comentarios para inspirar e profundizar na experiencia do Ioga.



"Swatmarama Iogui, despois de saudar o seu mestre, facilita o Hatha Vidya (coñecemento) únicamente para alcanzar o Raja Ioga."

-Este pasaxe resalta a importancia de pensar na túa propia práctica como un camiño para controlala mente: esta é a senda do Hatha e Raja Ioga.
Moita xente en occidente ve os asanas únicamente como unha forma de exercicio físico, pero practicalas deste modo non e recomendable. E imposible dominala a mente sin controlar previamente a súa contraparte, o corpo. Esto e o que intentamos facer cando practicamos as posturas. A conexión entre corpo e mente é un dos aspectos máis fascinantes do ioga


"Os Asanas fanche firme, libre de enfermidade e lixeiro de membros"

-Esto explica canto ten de beneficioso a práctica de asanas. A firmeza pódese ver de moitas maneiras, incluíndo a mellora da alineación corporal, o incremento da resistencia o frío e o calor, a fame e a sede e unha máis grande capacidade de autocuración.
A lixeireza de membros non fai referencia unicamente o peso físico (ainda que a práctica de asanas axuda a manter un bo peso) si non a habilidade dos asanas para incrementar o nivel vibratorio da enerxía corporal. Esto pódese ver no movemento: si alguén de complexión grande practíca asanas, aparece una nova lixeireza nos seus movementos.


"A dieta moderada entendese como a inxesta de alimentos doces e placenteiros, deixando un cuarto do estómago libre, e ofrecendo o acto a Shiva"

-Aquí fálasenos de que unha dieta moderada, nutritiva e lixeira e a clave para o éxito no ioga. Os alimentos fácilmente dixeribles, frescos, VEXETARIANOS, cociñados sinxelamente, consideranse unha boa fonte de prana, ou forza vital.
Swami Sivananda suxiere que a forma de estar sempre contento e sentir sempre un pouco de fame.


"Cando o alento deambúla, e decir, é irregular, a mente tamén permanece inestable; pero cando o alento e tranquilo, tamén a mente estará tranquila, e a vida do iogui alóngase.
Así e que deberíase restrinxir o alento"

-O control da respiración e central no ioga, o término Hatha significa "unión do sol (Ha) e a lúa (Tha),en onde o sol e a lúa fan referencia a inhalación e a exhalación respectivamente. Asanas e pranaima proporcionan un excelente entrenamento a respiración, dese xeito aumentará a enerxía vital, sintoniza con precisión o sistema nervioso, e conduce finalmente o control mental.


"O alento deberíase inhalar gradualmente, e exhalar tamen gradualmente. Tamén deberíase restrinxir gradualmente"

-Esto destaca o distintivo real dun practicante de ioga experimentado. A fortaleza e a flexibbilidade nas posturas non son en sí mesmas un signo de progreso. Unha respiración suave, rítmica e equilibrada si o é.
Pero non fagas ningún esforzo violento para controlar o teu alento na práctica do ioga, esto estresaría o sistema nervioso.


"O iogui triunfa por medio da alegría, a perseverancia, o valor, o verdadeiro coñecemento, a firme creencia nas palabra do Guru e abandonando as malas compañías"

-Facer a práctica do ioga por ti mesma/o, dispoñendo do correcto coñecemento e da firme creencia, ábreche as portas a unha nova relación de amistade con xente de mentalidade similar. O propósito do ioga e transformar a túa forza vital de un estado estático ou durminte, a un estado dinámico. Esto require perseverancia, auto-disciplina e valor.

                                                                                            "Centro de Ioga Sivananda Vedanta"