O Profesor

TOÑO GONZALEZ


Alá polo o ano 1985 comenzou a súa andaina polas técnicas físico-meditativas orientais a través da práctica do Karate-do Shotokai,no cal estivo 15 anos,dos cales os 9 últimos dirixía dous grupos de entrenamento: un infantil e outro de adultos,no concello de Dodro (A Coruña)
Nestes tempos do Karate-do,o ioga e o tai chi chuan formaban parte das prácticas como complemento das artes marciais.
Por diversas circunstancias,o Karate-do quedou atrás,pasando o ioga e o tai chi chuan a formar parte da súa practica diaria.Participa en diferentes cursos de formación e numerosos intensivos para profundizar máis nestas técnicas orientais.
A curiosidade polo funcionamento corporal lévao a estudar durante dous anos a tecnica osteopática con Kyril (recoñecido osteopata e profesor de orixe rusa)
Dende o ano 1999 está a impartir clases en Compostela en diferentes lugares.
Na actualidade,totalmente orientado cara o ioga,por considerar esta técnica de gran beneficio e utilidade para os demais e para si mesmo.Continúa a súa formación con mestres de prestixio internacional.É o organizador da formación de Sat Nam Rasayan na Galiza.

Titulacions recoñecidas:
-Ioga Siromani profesor de Hatha Ioga Sivananda por Centros Internacionales de Ioga Sivananda.
-Intensivos de Satyananda Ioga.
-Instructor de Kundalini Ioga tal como o ensinou Iogui Bhajan pola Asociación Española de Kundalini Yoga.
-Cinto Negro de Tai Chi Chuan pola Real Federación de Judo e Deportes Asociados (Departamento de Wu Shu)
-Instructor de Tai Chi Chuan pola Real Federación de Judo e Deportes Asociados (Departamento de Wu Shu)
-Instructor de Qi Gong por IGAMCHI.
-Cinto Negro de Karate-do Shotokai pola Asociación Shotokai España.
-Instructor de Karate-do Shotokai pola Asocciación Shotokai España.