YOGA EN SANTIAGO
"O ioga non è para ser estudado, è para ser vivido. È a observaciòn cuidadosa do que eres" -Swami Satyananda Saraswati
HATHA YOGA PRADIPIKA
Seis extractos e comentarios para inspirar e profundizar na experiencia do Ioga.
-Este pasaxe resalta a importancia de pensar na túa propia práctica como un camiño para controlala mente: esta é a senda do Hatha e Raja Ioga.
Moita xente en occidente ve os asanas únicamente como unha forma de exercicio físico, pero practicalas deste modo non e recomendable. E imposible dominala a mente sin controlar previamente a súa contraparte, o corpo. Esto e o que intentamos facer cando practicamos as posturas. A conexión entre corpo e mente é un dos aspectos máis fascinantes do ioga
"Os Asanas fanche firme, libre de enfermidade e lixeiro de membros"
-Esto explica canto ten de beneficioso a práctica de asanas. A firmeza pódese ver de moitas maneiras, incluíndo a mellora da alineación corporal, o incremento da resistencia o frío e o calor, a fame e a sede e unha máis grande capacidade de autocuración.
A lixeireza de membros non fai referencia unicamente o peso físico (ainda que a práctica de asanas axuda a manter un bo peso) si non a habilidade dos asanas para incrementar o nivel vibratorio da enerxía corporal. Esto pódese ver no movemento: si alguén de complexión grande practíca asanas, aparece una nova lixeireza nos seus movementos.
"A dieta moderada entendese como a inxesta de alimentos doces e placenteiros, deixando un cuarto do estómago libre, e ofrecendo o acto a Shiva"
-Aquí fálasenos de que unha dieta moderada, nutritiva e lixeira e a clave para o éxito no ioga. Os alimentos fácilmente dixeribles, frescos, VEXETARIANOS, cociñados sinxelamente, consideranse unha boa fonte de prana, ou forza vital.
Swami Sivananda suxiere que a forma de estar sempre contento e sentir sempre un pouco de fame.
"Cando o alento deambúla, e decir, é irregular, a mente tamén permanece inestable; pero cando o alento e tranquilo, tamén a mente estará tranquila, e a vida do iogui alóngase.
Así e que deberíase restrinxir o alento"
-O control da respiración e central no ioga, o término Hatha significa "unión do sol (Ha) e a lúa (Tha),en onde o sol e a lúa fan referencia a inhalación e a exhalación respectivamente. Asanas e pranaima proporcionan un excelente entrenamento a respiración, dese xeito aumentará a enerxía vital, sintoniza con precisión o sistema nervioso, e conduce finalmente o control mental.
"O alento deberíase inhalar gradualmente, e exhalar tamen gradualmente. Tamén deberíase restrinxir gradualmente"
-Esto destaca o distintivo real dun practicante de ioga experimentado. A fortaleza e a flexibbilidade nas posturas non son en sí mesmas un signo de progreso. Unha respiración suave, rítmica e equilibrada si o é.
Pero non fagas ningún esforzo violento para controlar o teu alento na práctica do ioga, esto estresaría o sistema nervioso.
"O iogui triunfa por medio da alegría, a perseverancia, o valor, o verdadeiro coñecemento, a firme creencia nas palabra do Guru e abandonando as malas compañías"
-Facer a práctica do ioga por ti mesma/o, dispoñendo do correcto coñecemento e da firme creencia, ábreche as portas a unha nova relación de amistade con xente de mentalidade similar. O propósito do ioga e transformar a túa forza vital de un estado estático ou durminte, a un estado dinámico. Esto require perseverancia, auto-disciplina e valor.
"Centro de Ioga Sivananda Vedanta"
SURYA NAMASKARA
Surya Namaskara é unha técnica ben coñecida e vital dentro do repertorio do ioga. Pola súa versatilidade e aplicación é un dos métodos máis útiles para inducir unha vida sán vigorosa e activa, é para preparar o mesmo tempo o despertar espiritual é por conseguinte, a expansión da consciencia.
Surya Namaskara é casi unha sadhana completa en sí mesma o conter elementos de asana, pranaiama e meditación dentro da estructura principal da práctica.
As técnicas do ioga son un antídoto ideal contra o estrés. É unha base para unha terapia de enfermedades físicas é mentais. Surya Namaskara forma parte integral do enfoque do ioga frente a esa problemática. Pódese integrar facilmente na vida cotiá xa que soamente precisas de 5 a 15 minutos de práctica diaria para obter resultados benéficos con sorprendente rapidez.
Surya Namaskara é unha práctica que nos chega dende os tempos dos sabios védicos. Surya significa sol e namaskara significa saúdo.
Nos tempos remotos rendíase tributo o sol nun ritual diario por considerálo un símbolo poderoso da consciencia espiritual. O culto o sol exterior e o sol interior era un ritual socio-religioso encamiñado a aplacar as forzas da natureza que o home e incapaz de controlar.
Surya Namaskara consta de tres elementos:forma, enerxía e ritmo.
As doce posturas crean a matriz física o redor da cal se texe a forma da práctica. Estas posturas xeneran prana ou enerxía sutil, a cal activa o corpo psíquico.
"Swami Satyananda"
Surya Yantra |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)