Gong







                                         "TAI LOI"

                  "A felicidade chegou, varrendo a escuridade, traendo a luz"

Gong
O Gong segun historiadores e musicólogos apareceu a o comenzo da idade de bronce, fai 5500 anos, na área  de Mesopotamia.
Moi probablemente foron descubertos accidentalmente o fundírse as pedras nos fornos de pan que cada vez eran máis grandes. Crése que o estaño foi o primeiro metal en desprendérse das pedras e a medida que os fornos producían máis calor o cobre escoméza a separarse das rocas para así máis tarde lograr a produción da aleación dos dous, conseguíndose o bronce.
Os antigos artesáns dos gongs decubriron que cando os meteorítos que caían do ceo eran incluídos na fundición, estes añadían o bronce un  tono resoante moito mellor volvéndose máis poderosos con un son sostido máis longo. Estos primeiros alquimistas aínda que sin sabelo estaban a incluir o níquel. Estos gongs foron considerados especiais é coñecídos como Gongs Sacros.
O Gong é dos instrumentos coñecídos o que produce a maior cantidade de sons resoantes. Cando vibra pódese sentir reververacións musicais dentro de cada célula do corpo.
Produce ondas de longa duración de tonos sostídos chamados holísticos que densinfícan o aire circundante combinándose entre sí para formar un son total.
O resultado final e un campo de son totalmente envolvente chamado envoltura de son.


O Gong de bronce é realmente un condutor do poder curador porque as notas de son etérico que xenera, emanan en tódalas direccións dende toda a superficie do Gong.
Durante incontables séculos o Gong usóuse como ferramenta para transformar a consciencia en rituais e cerimonias de carácter transcendental.
O Gong sumerxe o escoitante nun mundo trascendente é máxico. Os seus sons envólvennos en armónicos poderosos, que modifican a nosa vibración enerxética.
O son do Gong crea unha relaxación profunda, liberándonos do torrente de pensamentos que a nosa mente descarga. Estimula o sistema glandular hacia un nivel máis elevado de funcionamento.
Espazo sacro de son.
O sacro espazo de son que acústicamente sentimolo como unha gran misteriosa cúspide de tonos resoantes que nos envolve. Dentro deste espazo reverberante, misteriosamente os tonos suben e enlazan as mentes de aqueles que estan nesta curva de son de resoancia total. Sentimos estos tonos no centro do noso corazón e envólvenos nun solo tono unificado de OM.
O son sacro cumple unha función máxica e chamanística na sociedade e unifica tódalas diferencias culturais. Mentras que a música sacra tende a unha expresión relixiosa, o son sacro e aquel que revela o tono da alma do espíritu da Natureza e toma os seus precendentes da antiguedade.
O Gong ten o poder de :
-Desmaterialización cese do sentido do físico.
-Levitación cese do sentido da gravedade.
-Rexuvenecemento sentir o éxtase da forza da vida.
-Paz interior cese do sentido do paso do tempo.
-Inmortalidade sentido de continuidade da conciencia sin corpo, eliminando o temor a morte física.
O Gong e un gurú transpersoal (non humán) que satúranos con ondas de presión sensoriais e de dicha, de tono resonante puro, o que nos da a probar o néctar da iluminación.
O efecto penetrante dos tonos do Gong irradiantes aumenta dentro da materialidade do corpo humán. Dentro deste estado ten lugar un dominio intuitivo dentro da mente chamado "sincronicidade do cerebro completo e resonancia holistica do cerebro trino". O fenómeno sensorial resultante, chamado sinestesia ou a mezcla dos sentidos  durante un gongueo sostido, crese que é un elemento esencial na sanación, rexuvenecemento e transformación, tanto do intérprete como do oínte.
O Gong foi redescuberto por Occidente fai algunhas décadas. Este ancestral e sacro instrumento resonou na antiguedade dende Asia Menor, Tibet, China a India, foi utilizado por as civilizacions máis espirituais. O Gong e unha ferramenta que conecta co máis profundo do noso ser, un portal multidimensional que invitanos a sintonizar co son da creación. Cada célula do noso corpo sintonizase ca vibración holistica do Gong.
(notas sacadas de Magnum Opus del Gong,ensaios do Mestre de Gong Don Conreaux)











Don Conreaux


Don foi un dos cinco profesores de Kundalini Ioga orixinales designados por Iogui Bhajan no ano 1969. Estableceu o Ashram Nanak Dwara para formación de profesorado.
Don Conreaux mestre na ensinanza do Gong, recoñecido a nivel mundial, posee un renombre como destacado artista, ademais de ser pioneiro no campo das terapias con sons.
É fundador do Camiño do Gong, a súa filosofía e ensinanzas corvirtíronse nun movemento mundial.
Segun a sua experiencia, o gong produce aqueles sons que resonan con máis forza e poden influír sobre o corpo, a mente e a alma, tornando as ondas cerebrais en máis lentas e como consecuencia reducir o estrés, liberando o temor e recreando o equilibrio interior.
A sua técnica do Baño de Gong e agora recoñecida por centros internacionais de ensinanza en terapias de son e transformación persoal.
Ademais é recoñecido a nivel mundial polas súas actividades en pro do sostemento da paz, creador dos Xardíns de Campás pola Paz Mundial, unha iniciativa internacional que apunta a deter a violencia no mundo.


Formación The Way of the Gong na Casa da Terra (Antas de Ulla) 26 de maio do 2013

Mestre de Gong Don Conreaux,Mercuri e máis eu





Curación con caracola


  "O Gong é a canción do espírito"

O Gong é a  canción do espírito
O susurro primordial da alma
O seu son é o feito da palabra orixinal que crea o mundo,é o son dentro de tódolos sons.
Escoita co oído interno e externo.
Sínte as súas pulsacións e deixa que os millóns de vibracións bailen e fluian a través dos teus sentidos.
Tornaraste intrépido/a,relaxado/a e desperto/a
Os nosos devanceiros buscaban esta experiencia no cumio das montañas e nos lugares sacros.
A voz de deus trona con raios expectaculares....
O trono....
Frenaba tódolos pensamentos.
As pretensións desaparecían.
Removía os medos profundos,rexuvenecía o sistema nervioso.
Creaba fortaleza,paz e curación.
O Gong é ese son.
É o flash da luz interna.
A maza é a vontade do infinito.
O Gong é a creación.
E o son é a canción do espírito,o latexo da alma.
"O gong é o primeiro e último instrumento para mente,soio unha cousa pode superar e comandar a mente humán....O son do Gong."
É o primeiro son do universo,o son creou o universo
É o son creador primordial.
Para mente,o son do Gong é a nai é o pai que lle deu a luz....
A mente non ten o poder para resistir o son do Gong ben tocado.
                                                                                                              Iogui Bhajan