Hatha Ioga

ASANA, PRANAIAMA, BANDHA, MUDRA

  "O Ioga físico é cen por cen ioga mental"
Danilo Hernández

ASANA

Según Patanjali "Sthiram sukham assanam" que significa `posición cómoda e estable´
Neste contexto, as asanas practicanse para desenvolver a habilidade de sentarse cómodamente nunha mesma posición durante un período de tempo prolongado, esto é unha habilidade que é necesaria para a meditación.
As asanas son un medio para potenciar a integración do corpo e da mente. Durante a práctica establecese un dialogo entre o corpo e a mente, que nos da a posibilidade de recoñecernos a tódolos níveis.
A práctica de Asanas permite controlar a mente e o corpo, son ferramentas para lograr unha consciencia máis refinada, sendo unha base para explorar o corpo, a respiración, a mente, e os estados superiores. Non son exercicios, son técnicas para que o corpo fisico adopte  posicións que axuden a cultivar a consciencia.


A idea da Asana, non é a de domar o corpo, se non máis ben comprendelo, coidalo e desenvolvelo, dende o coñecemento dos seus ritmos internos.
Con cada Asana podese satisfacer a necesidade de respirar, estirarse, comprimirse, expandirse, inmovilizarse, movilizarse, fortalecerse, relaxarse.....etc
Cada Asana ten un efecto global en tódolos sistemas do organismo físico, na estructura enerxética, no estado emocional e na mente. Pero todo esto sendo moi coidadoso e sin forzar o corpo.
Co tempo e ca práctica, hai que intensificar a actitude de atenta observación, na que seremos un espectador de nos mesmos.

PRANAIAMA

Prana+aiama
*Prana
Prana significa enerxía vital ou forza da vida, sendo a forza que existe en todo o que é animado ou non animado.
O prana esta moi relacionado co aire que respiramos pero é moito máis sutil que o aire e o oxíxeno. Polo tanto o Pranaiama, non son soio exercicios para introducir máis oxíxeno os pulmóns. O Pranaiama usa a respiración para influír sobre o fluxo do prana a través dos nadis ou canles de enerxía.
*Aiama
Aima nesta palabra non significa control, se non que se define como extensión ou expansión  do prana.
Desta maneira a palabra Pranaiama significa "extensión ou expansión do prana"


Son técnicas que proporcionan un método para activar e regular a forza de vida co fin de trascender as nosas fronteiras ou limitacións e así obter un estado superior da vibración da enerxía.
Unha das premisas básicas do Hatha Ioga, é que o controlar o prana a mente queda automáticamente controlada. A idea clave na que se basa o Praniama e que por medio da regulación do ritmo respirtorio consiguese controlar o prana , e a través deste control do prana estabilizase a mente..
Conceptos básicos:
-Puraka é a inhalación, o infinito ven o encontro co finito.
-Rechaka é a exhalación, a consciencia retorna cara a súa fonte.
-Bahir Kumbhaka retención en valeiro, a respiración individual fundese ca respiración universal.
-Antar Kumbhaka retención cos pulmóns cheos de aire, a enerxia universal unese ca enerxía individual.




BHANDA

Significa soster, apretar ou bloquear.
Os Bhandas buscan bloquear os pranas en áreas  específicas e redirixir o fluxo cara sushumna nadi co fin de lograr o despertar espiritual. Podense  practicar solos ou incluilos nos mudras e pranaiamas.
Hai catro Bhandas:


-Jalandhara Bhanda fecho do pescozo, produce relaxación mental, alivia o estres a ansiedade e a raiba. O estímulo na garganta axuda a equilibrar a función da tiroides e regula o metabolismo.
-Moola Bhanda fecho do perineo, traenos moitos beneficios físicos, mentaís e espirituais. Esta práctica libera enerxía, que é moi efectiva no tratamento de algúnhas enfermidades psicosomáticas.
-Uddiiana Bhanda fecho do abdome, revitaliza todo o corpo.
-Maha Bhanda o gran fecho, aplicando os tres Bhandas a vez, sendo un exercicio moi poderoso é necesario estar ben entrenado nos anteriores.

MUDRAS

Significa xesto ou actitude
A práctica dun Mudra, pode involucrar a todo o corpo en combinación con unha Asana, un Pranaiama, un Bhanda, unha tecnica de visualización ou simplemente ser unha posición das mans

Os Mudras aproveitan a enerxia xenerada e movilizada polas Asanas e o Pranaiama e canalizana cara os nadis ou chakras. Son a unión entre as prácticas de Asana e Pranaiama e os estados de interiorización,concentración e meditación.

SHATKARMAS

Seis grupos de prácticas de purificación, para lograr equilibrio físico e mental.
Tamén se usan antes do Pranaima e de prácticas superioresde ioga, para limpar o corpo de toxinas e favorecer o avance no camiño espiritual.
Os seis Shatkarmas son:
1-Neti: Limpeza e purificación das fosas nasais, aquí incluimos jala neti e sutra neti.
2-Dhauti: Técnicas de limpeza interna (limpan o canal alimenticio dende a boca o ano)
3-Nauli: Para masaxear e fortalecer órganos abdominais.
4-Basti: Lavar e tonificar o intestino groso.
5-Kapalbhati: Tecnica de respiración para purificar a rexión frontal do cerebro.
6-Trataka: Fixando a mirada sobre un obxeto externo, sin parpadear, co obxetivo de estimular e purificar os ollos.


 (Notas sacadas do curso Hatha Yoga Vidya con Danilo Hernández e de Claves del Yoga)