Ioga Nidra


O ARTE DA RELAXACIÓN
O ioga nidra é unha técnica de meditación.Un método sistemático que te leva a unha completa relaxación física, mental e emocional.
É unha técnica sinxela pero profunda adaptada por Swami Satyananda da práctica tántrica tradicional chamada nyasa.Swami Satyananda adaptouna as características e as necesidades do ser humano de hoxe en dia.


En comparación con outras técnicas de meditación,ioga nidra ten a ventaxa que se practíca tumbado sobre as costas,en posición de relaxación (shavasana).A comodidade que proporciona esta postura facilita a profundización da consciencia,que a miudo soe ser o primeiro obstáculo que se atopa un principiante no exercicio da meditación,a incomodidade e a dificultade para relaxarse nas posturas clásicas de meditación.Como en ioga nidra non existe ese inconveniente,xa dende as primeiras sesións pódese profundizar e sacar moito partido da práctica.
No ioga nidra,o estado de relaxación alcánzase cando a mente tornase cara adentro,alonxándose da experiencia exterior.


-Beneficios:
Tensións musculares: Están relacionadas co corpo,o sistema nervioso e os desequilibrios endocrinos.Elimínanse facilmente mediante a relaxación física profunda que se alcanza no estado de ioga nidra.
Tensions emocionais: As que proveñen de diferentes dualidades como amor/odio,ganancia/perda,exito/fracaso.Son máis difíciles de eliminar debido a que non podemos expresar as nosas emocións libremente.Con frecuencia rexeitamos recoñecelas e as reprimimos,orixinando tensións que se arraigan a cada instante con maior profundidade.
Non é posible relaxar estas tensións co sono ordinario.Fainos falla un método como o ioga nidra mediante o cal toda a estrutura emocional da mente poida tranquilizarse.
Tensións mentais: Son o resultado da excesiva actividade mental.A mente é un torbellino de fantasías,confusións e oscilacións.
O ioga nidra é a ciencia da relaxación que nos capacita para profundizar nos reinos da mente subconsciente,liberando e relaxando así as tensions mentais e establecendo armonía en tódalas facetas do noso ser.
Descansar máis eficientemente: O ioga nidra é unha forma máis eficiente e efectiva de descanso psíquico,sociolóxico e de rexuvenecemento que o sono convencional.
Quenes adoptan esta técnica experimentan cambios profundos nos seus hábitos de sono.Unha soa hora de ioga nidra xera un descanso equivalente de catro horas de sono convencional.

*Clases de Ioga Nidra en Compostela dende o 2008,depois de participar no 2007 no seminario de formación con Danilo Hernández*






El Yoga de Actitud – El Primer Paso es Ser Consciente
“El primer paso es ser consciente, estar atento a nuestra actitud, estar atento a nuestros pensamientos, estar atento a las maneras de nuestro pensar y tendencias. Esto se puede hacer a través de la meditación, en especial, la técnica de Antar Mouna, en donde aprendemos a observar las maneras que pensamos. Yoga Nidra es otra buena técnica. Sin saber lo que pensamos y por qué estamos pensando, es muy difícil de iniciar a dirigir nuestros pensamientos como lo deseamos – y esto es básicamente el yoga de actitud.”
Swami Niranjanananda Saraswati